top of page
Clara Vidal
Bio
Eu

Nada na Coruña (Galiza).
Aprendín a ler con tres anos e escribo poemas desde os seis.
Adoito «falar en verso» e escorregar fragmentos literarios ou letras de cancións nas conversas cotiás. A meirande parte das veces, a xente non se decata.
Cursei estudos lingüísticos, literarios e artísticos, así como outras disciplinas que me fixeron saber pouco de moitas cousas. Case todo innecesario, mais afianzador do meu carácter curioso e repugnante.
Cuestiónome sempre os motivos de todo porque para min o único xeito de vida susténtase na aprendizaxe incesante.
Os libros son unha das vigas máis esenciais das casas. Pénsao. Sen literatura que nos sosteña, que fica?
Contact
bottom of page