top of page
«Abrasas»
Amarras a nicotina
no bico da tinguidura.
Desbravo obsesa o beizo
que vai deixando a resina
da saliva que sobra
no órgano da adicción.
Así me apresas.
Explora a lingua
–na procura de ti–
como unha expedición de carmín que foi prohibida.
Vólvese o roce
fluído pigmento
mineral.
Vou reparando no aceno
os indicios da droga.
Non sanda a cicatriz que me perforas.
Bicarche o cinceiro.
Lamberche a cabicha.
Vas queimar o amor que che profeso.
bottom of page