top of page

Poema premiado no II Certame de Poesía da Biblioteca González Garcés de A Coruña (no 2015)

Terra,              que cuspiches inzo

sobre o humus máis

profundo,

 

vólvoche         para parirte os fillos

 

que me empreñaches

violándome a lingua

e profanándome

o corpo.

 

Velaquí os froitos

da túa miseria falmaguenta.

 

Observa o que reclamas.

Non volverás ver beleza

expulsada

por ti,               exiguo fastío.

 

Bascúllame as metáforas,

téimame as vantaxes da antese,

 

déixame acernarte.

 

E cando fiques

sen gallas,

póla a póla,

lamberei o teu zume

para encolarte enteira

 

            e logo disolverte,

 

terra miña.

bottom of page